NOITE DE MANS ABERTAS

Nunha noite de mans abertas pedinche que regresase o noso tempo, aquel de augas quentes, corpos espidos e fermosos soños. Entón palpei o teu excitador peito como un cego o noso último inverno, e como pedras que lapidaban unha vella historia tiven que recoller do chan unha cantidade inxente de estrelas danadas.