«CANDO CHOVE POR DENTRO»

PRETO

Mentres a miña necesidade de vida se afoga en falsos «quéresme» que o vento repite sen convicción, a sensación de terte preto cura lentamente as feridas. Non preciso promesas. Abonda coa túa imposible presenza. 

SOMOS

Estes poemas que estou a escribir son unha forma de quedarmos en silencio fronte ao que somos cando ninguén nos mira. Ti e máis eu somos unha resposta á envexa dos homes e mulleres que só ven nos seus corpos unha pel espida e non quen de veren a infelicidade humana.

Escribir do que somos é iso: escoitar o que queda cando todo cala, cando os corpos espidos rematan o pracer e vístense de sentimentos. 

O PRACER

Facémolo con teimosía, con tesón, desde sempre. Somos dous fronte a un mundo que non entende. Din que o pracer é emocional. Eu non. Necesito a pel. O contacto. O latexo. Porque sen iso… estaría morto. 

AMAR A SOMBRA

Dixéronme que un home non escribe sobre o corpo da súa amada. Quedei calado. Dúbida. Culpa. Ata que unha voz —unha sombra— me falou: non fagas caso. O meu corpo é para ti. E entón comprendín: escribir tamén é amar.